Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL: Programación


Visita guiada a calquera dos cinco itinerarios en que se organizan os contidos da exposición permanente (Sistemas de produción; Oficios; Espazo Construído; Sociedade e Prensa e Imprenta). A partir de 4º de primaria.Máximo:30 participantes. Duración:50 minutos. O DEAC ofrece tamén os obradoiros dos "Xogos Bailados", "Un conto con encanto" e "Técnicas antigas de impresión", dirixidos principalmente ao público de infantil e primaria. O "Xogo de pistas" ven completar a oferta para ensino obrigatorio. Desde os catro anos. Máximo 15-20 paticipantes. Duración:entre 70-90 minutos. Bacharelatos e Formación Profesional Ademais dos itinerarios ao redor da exposición permanente para este tramos formativos ofrécense os seguintes: O conxunto histórico-artístico de Bonaval: o edificio conventual e a igrexa de Santo Domingos de Bonaval fan parte do grupo de edificios relixiosos destacados do Barroco Compostelán. As distintas fases construtivas e os diferentes usos polos que o convento pasou deixaron pegadas no mesmo que nos permiten rastrexar a súa historia e o papel que xogou no contorno máis inmediato: o Santiago extramuros e o barrio de San Pedro. O Museo na dinamización turística e sociocultural: o espazo do Museo é hoxe moito máis que as exposicións. Os centros museísticos poden ser potentes focos de atracción turística e tamén centros socioculturais para a sociedade que os sustenta. Como utilizar eses valores potenciais desde dous ámbitos como a información e a comercialización turística ou desde a animación sociocultural son o fío condutor deste itinerario dirixido a estudantes destas especialidades. As actividades teñen un custo de 70 ct. por alumno/a e débense concertar con quince días de antelación como mínimo. Para máis información podedes chamar ao 981583620 ou escribir a deac@museodopobo.com.

Préstamo

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca
Condicións de préstamo
Condicións de préstamo

Horario

Horario do Museo

De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
domingos, 18 de maio (Día dos Museos), 29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com



Nova Web APOI

Nova Web APOI

Nova Web APOI

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.

Mais información en: www.apoi-mpg.org



VISITAS GUIADAS

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.

Horario: de martes a venres de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

acceso para persoas con minusvalia

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga