Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL: Videoteca


SOCIEDADE. CRENZAS E COSTUMES

Unha viaxe á tradición. (22’). Descrición do mundo tradicional galego, desde a arquitectura, os traballos do campo e do mar e dalgúns oficios tradicionais.

 Traballo en feminino. (23’). Un percorrido pola sociedade galega de finais do século XIX e do XX a través da vida das mulleres dun Concello do Sur de Pontevedra.

 Argazo. ( Dirección: Xurxo González.. A Guarda, 2006.  26'44''). Unha homenaxe ás mulleres e ao espírito de supervivencia da xente do mar.

   A palabra no tempo. (cinco capítulos de 30’ ) lA ponte da morriña; O país da auga; A reverencia asol; A ollada asolagada; Lugar de Teixido. Esta serie quere contribuír á recuperación da literatura de transmisión oral.

Romarías. ( tres capítulos de 30’ ) Sta Mariña das Augas Santas; Sta. Marta de Ribarteme; Nosa Sra. Da Lanzada.

O Entroido: Vilariño de Conso; Entroido de Laza. (17’).

 A Romería da Morte. (Dirección: Alberto Estevez Piña . 29' ).Unha das romerías da morte que se fan en Galicia ten lugar en Santa Marta de Ribarteme. A coexistencia do atavismo da romaría có aceptable desenvolvemento económico, constitúe un paradoxo que se fai máis fondo ó ter en conta a fronteira portuguesa.

 

OFICIOS

Aceiteiros. (15’). A recollida da oliva, o muíño de aceite e a elaboración deste produto en Quiroga.


As Artes do orfebre e acibecheiro. (10’) O proceso de traballo a través da elaboración dunha peza en prta e outra en acibeche.


A labor do cereiro. ( 15’). Aproveitamento dda cera na elaboración de velas.


Canteiros. (15’).


Carboeiros. ( 15’).


Obdulia, a cacharreira de Gundivós. ( 13’). A cerámica e o proceso de elaboración das pezas


Rei das Zocas de Guitiriz. (13’)


Torneiro de Berres. (10’)


As sellas a ollo de bo cubeiro. (11’)


Os oficios da madeira. (13’)


Os cesteiros. (11’)


Teceláns. (15’)


Escola de palilleiras. (15’)

 

MÚSICA

Tocar a gaita coa man pechada. (26’). A gaita, a súa construcción e como tocala coa man pechada.

 

ARQUITECTURA POPULAR

Muíños de Vento. (10’ ) Descrición do muíño de vento e o seu funcionamento.


Os derradeiros batáns. ( 44’) Reconstrucción dun batán do Mosquetín e descrición do seu mecanismo e funcionamento.


Os batáns do Mosquetín:crónica dunha teima. (30’).


Os hórreos galegos. (17’). Estudo do hórreo como elemento máis representativo da arquitectura popular galega.

  

ALIMENTACIÓN

Así se fai o queixo de S. Simón. (12’ )Elaboración manual do queixo.

Ourizos. (20’ ) A produción de castañas e a celebración do Magosto.

A melodía do pan. (26’). Imaxes e temas da nosa música tradicional van narrando o proceso do pan desde a sega nos campos ata o forno.

 

FONDOS MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO

A terceira póla. (Dirección: Rubén Pardiñas. Galicia. 2006. 25'). Ademais do galego e do portugués, outra variedade do tronco común do galego medieval, aínda sobrevive na illa lingüística do Val de Xálima, nunha zona situada na confluencia das provincias de Salamanca e Cáceres con Portugal.

 Un deserto de flores. ( Dirección. Manuel iglesias Nanín. Galicia, 2006.  53'). Na zona máis dura do deserto do Sáhara, a Hamada, onde o infinito non te deixa nin respirar, os campamentos de refuxiados saharauís tinguen de cor o desencanto.

 Ainielle tiene memoria. (Dirección: Miguel Ángel Viñas.Aragón,2007. 42') En 1970 pechou a porta o último habitante desta aldea do pirineo Aragonés. Tería sido un máis doas pobos abandonados da montaña se non fora porque Julio LLamazares situou alí a acción da súa novela La lluvia amarilla.

 A memoria nos tempos do wolfram. (Dirección: Antonio Caeiro. Galicia, 2003. 55’). Antonio Caeiro, que xa nos contara a historia do campo de concentración da Illa de San Simón durante a Guerra Civil en Aillados, reflicte en A memoria nos tempos do wolfram, como a comezos da II Guerra Mundial, un mineral fíxose preciso para o estado alemán: o wolfram. Galicia convértese entón en dorado para moita xente que procuraba cartos doados de acadar ou traballo naqueles anos tan duros da posguerra española.

 Quiero vivir aquí. (Dirección: Héctor Añaños / Patricia Oriol. Huesca, 2005, 40’). Premio Espiello Pirineos ao mellor documental de temática pirenaica e Espiello Boltaña ao documental máis votado polo público. Quiero vivir aquí mostra o conflito que se vive en Artieda pola ameaza do recrecimento do encoro de Yesa. Un minucioso traballo de gravación, selección, guión e montaxe dá como resultado unha explicación da realidade de xentes sinxelas coas que non é difícil sentírmonos identificados.
 Fútbol no es fútbol. (Dirección: Gonzalo de Otaola / Daniel Suberviola. Madrid, 2004, 46’). Rubén, Félix e Modesto, tres persoas da rúa, representaron a España no II Mundial de Fútbol de persoas se fogar en Gotemburgo, Suecia.
 Linguas cruzadas. (Dirección: María Yáñez e Mónica Ares. Galicia, 2007, 50’). Linguas Cruzadas, trata sobre a situación do galego entre a mocidade pero no que é a mocidade galega a que fala. Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial. Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
 Praia de Monte Gordo. (Dirección: Oscar Clemente e SofíaTrincão. Portugal, 2006, 30’). A vida cotián na praia de Monte Gordo contada polos seus protagonistas, unha comunidade mariñeira sometida aos cambios provocados polo turismo e a pesca industrial.

 

 


Préstamo

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca
Solicitude de préstamo de material didáctico e videoteca
Condicións de préstamo
Condicións de préstamo

Horario

Horario do Museo

De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
domingos, 18 de maio (Día dos Museos), 29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com



Nova Web APOI

Nova Web APOI

Nova Web APOI

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.

Mais información en: www.apoi-mpg.org



VISITAS GUIADAS

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.

Horario: de martes a venres de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

acceso para persoas con minusvalia

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga