Polo seu carácter exclusivamente científico e de investigación, o Museo non se adscribe a ningunha ideoloxía determinada, nin poderá servir outros fins ca os expresados nos seus Estatutos, sen que iso signifique renuncia á participación que na vida pública lle corresponda como entidade cultural, a través das canles que estableza a lexislación vixente en cada momento.
(art. 2 dos Estatutos)
De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.
Mais información en: www.apoi-mpg.org
Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.
Horario: de martes a sábado de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.
![]()
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga