Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

O EDIFICIO

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

A rampa final das escaleiras e o claustro

A fundación do antigo convento de Bonaval atribúese a San Domingos de Guzmán, que segundo a tradición no ano 1219 peregrinou a Santiago. Está encravado fóra de muros, na aba do monte da Almáciga e preto da Porta do Camiño, pola que entran cara á basílica do Apóstolo os peregrinos que veñen polo Camiño francés.

 

O corpo conventual, tal como chegou ata nós, corresponde ao episcopado de frei Antonio de Monroi, arcebispo de Santiago entre 1685 e 1715, e débese a Domingo de Andrade. A fachada é de pequenas proporcións. A portada está composta por dúas grandes pilastras toscanas decoradas coas sartas de froitas características do autor, que soportan un frontón curvo partido e enmarcan a gran porta alintelada, presidida pola imaxe do santo fundador. Por encima campa o escudo da casa de Altamira con coroa real.

Dentro do edificio, no ángulo noroeste, é digna de admiración a tripla escaleira helicoidal, que pola súa técnica e audacia estrutural dá boa mostra do virtuosismo de Andrade. Nun mesmo oco desenvólvense tres ramplas independentes, que conducen aos diferentes pisos; só unha delas coroa no miradoiro que domina a cidade. Esta escaleira está considerada por propios e estraños como un dos elementos singulares do patrimonio arquitectónico de Compostela.

 

es escaleiras

 

Escaleiras do Museo

Cando se promulga a lei de exclaustración das ordes relixiosas o convento pasa a mans do Concello. Polo Real Decreto de 1836 da Reina Gobernadora, que dispón que "los edificios que fueron monasterios y conventos en esta Corte se destinen desde luego al beneficio de los pueblos", San Domingos é destinado "para cuarteles de los Regimientos de Compostela y Santiago, con demolición de la iglesia"; ende ben, este ditame no se chegou a executar. En 1841 o Concello destina o convento de Bonaval a hospicio, que por 1945 ocupaba aínda a parte norte; a ala sur, á dereita da igrexa, acollía un colexio de xordomudos e cegos. Ao ser suprimidas estas institucións quedou por un tempo desocupado, ata que en 1963 o Concello decide acondicionar e destinar unha parte das dependencias para Museo Municipal.

En 1977, a petición do Padroado do Museo do Pobo Galego, o Concello cede o edificio para a creación do museo do mesmo nome. No solar da parte occidental, que permaneceu vacante durante décadas, inaugurouse en 1993 o Centro Galego de Arte Contemporánea, proxectado polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira. A horta conventua, na que aínda se alzan as ruínas dalgunhas dependencias dos frades, transformouse ao ano seguinte en parque público.

 

A Igrexa De San Domingos

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

O corpo central do templo, dos séculos XIII e XIV, é o único exemplo que se conserva en Compostela do gótico mendicante. O templo orixinal foi modificado ao longo dos séculos posteriores con numerosas obras e adicións.

a igrexa no interior

A planta é de tres naves e cruceiro. Forman a cabeceira tres ábsidas poligonais, rachada a central por cinco estreitas ventás, e cubertas con bóvedas de abano. Os brazos do cruceiro, o presbiterio e as dúas pequenas capelas laterais teñen bóvedas de cruceiría. As falsas bóvedas de aresta da nave central repousan mediante arcos de medio punto sobre altos piares con sinxelos capiteis de tradición románica.

 

Interior da igrexa A capela maior, á que dá acceso un arco apuntado con decoración vexetal, está rodeada por un zócolo de arcatura trilobulada e alberga catro sepulcros do século XV, que corresponden a donas e cabaleiros da poderosa casa de Altamira.

 

A capela absidal do lado do evanxeo está dedicada a San Vicente Ferrer; San Domingos preside, desde un púlpito, o retablo do XVIII do que desapareceu a imaxe de San Vicente. A capela da epístola leva a advocación de Santo Tomé de Aquino, e nela encóntrase a imaxe gótica da Virxe de Bonaval. Séguelle a capela de San Pedro Mártir e, a continuación, a de San Xacinto, construída segundo proxecto de Gaspar de Arce, de quen o nome aparece na clave da bóveda xunto á data de 1617; é de planta cadrada, cuberta cunha cúpula de media laranxa rebaixada con rica ornamentación de casetóns e motivos heráldicos. Fronte a esta, a capela de San Domingos en Suriano, edificada en 1657 sobre a primitiva do Rosario, conserva un retablo do XVIII. A actual capela de Nosa Señora do Rosario, pertencente á confraría deste nome, foi iniciada en 1635 no solar do antigo claustro e cemiterio por Bartolomé Fernández Lechuga e terminada dez anos máis tarde por Jácome Fernández.

 

A fachada da igrexa, sobria, con frontón triangular partido sobre o que campa o escudo de Altamira timbrado por sombreiro episcopal, ábrese a través dunha gran reixa barroca que dá acceso ao adro e á escaleira que sobe ao templo; na portada, tres imaxes góticas: a Virxe co Neno Xesús flanqueada por San Pedro e Santa Catarina.

 

No ángulo esquerdo da igrexa álzase a torre, de tres corpos, os dous primeiros cúbicos, coas cornixas rematadas por cadansúa balaustrada, e o último octogonal coroado por unha cúpula, tamén octogonal, que remata un pináculo con bola e catavento.

A igrexa de Bonaval acolle o Panteón de Galegos Ilustres.


interior da igrexa interior da igrexainterior da igrexa

 

Horario

Horario do Museo

De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
domingos, 18 de maio (Día dos Museos), 29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com



Nova Web APOI

Nova Web APOI

Nova Web APOI

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.

Mais información en: www.apoi-mpg.org



VISITAS GUIADAS

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.

Horario: de martes a venres de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

acceso para persoas con minusvalia

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga