A sala do campo ábrese cun diorama que amosa idealmente a evolución da paisaxe en catro fases: o Neolítico, a época castrexa, a Idade Media e a actualidade, coas sucesivas fases de implantación no territorio, deforestación, consolidación dos asentamentos humanos e incipiente urbanización, co conseguinte impacto no medio.
Aparecen a continuación os sistemas de transporte -manual, ao lombo, con cabalería-, co carro como elemento central.
Seguen os apeiros de labranza correspondentes aos distintos labores: os utilizados para o cultivo dos cereais e a herba; os arados de madeira e de ferro; os aveños para o cultivo do millo; pezas e maquetas relativas á viticultura; variados tipos de legóns, aixadas e fouciños utilizados nas distintas zonas.
Exhíbense tamén as pesas e medidas tradicionais para áridos, líquidos, sólidos e de lonxitude e, finalmente, os elementos relacionados coa gandería e a explotación do monte.
De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.
Mais información en: www.apoi-mpg.org
Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.
Horario: de martes a sábado de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.
![]()
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga