Nun sentido amplo, considérase arquitectura toda intervención sobre o territorio para adaptalo ás condicións da vida humana, desde o trazado de camiños e a decrúa de terras de cultivo ata as edificacións propiamente ditas.
A pedra local é o material básico, e as diversas solucións construtivas obedecen ás características cambiantes do medio. A casa do litoral comprende desde as vivendas máis humildes das aldeas de pescadores ata as sólidas edificacións dos portos, en boa cantería, e moitas veces con soportais; a do interior presenta desde o tipo propio das serras, adaptado a condicións meteorolóxicas extremas, ata a casa das comarcas agrícolas, máis ampla e confortable.
A carón da vivenda encóntranse outras construcións auxiliares, cunhas características determinadas pola súa función: hórreos e alpendres para o almacenamento de produtos e apeiros agrícolas; cortes, pombais, alvarizas para os animais; eiras, muíños, fornos, adegas, obradoiros de oficios, destinados á elaboración e transformación dos produtos; feiras temporais ou permanentes onde se practica o intercambio; fontes, pozos, lavadoiros e outros sistemas de aproveitamento dos recursos naturais.
De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.
Mais información en: www.apoi-mpg.org
Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.
Horario: de martes a sábado de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.
![]()
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga