Os ferreiros fabricaban os apeiros agrícolas e toda a ferraxe necesaria para os carros e as casas. Hoxe, os que non se dedican á artesanía limítanse a arranxar as ferramentas que se mercan nas tendas.
A forxa atópase polo xeral nun local terreo fóra da vivenda. O material que utilizan é o ferro que extraen os mineiros, laminado antigamente nas ferrerías, que dispoñían dun mazo movido por unha roda hidráulica.
Os ferradores veñen sendo ferreiros especializados. As ferraduras encárganllas aos ferreiros ou mércanas, aínda que non falta ferrador que as faga el mesmo. Unha pequena zafra ou bigornia e unha ferramenta sinxela sérvenlles para ferrar as cabalerías e poñer canelos ao vacún.
De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)
Entrada ordinaria:
3 euros
Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
domingos, 18 de maio (Día dos Museos), 29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.
Mais información en: www.apoi-mpg.org
Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.
Horario: de martes a venres de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.
![]()
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga