A invención da imprenta por Gutenberg en 1440 permitiu a difusión xeral da escritura, ata daquela refuxiada nos scriptoria dos mosteiros. Arredor de 1480 rexístrase a aparición da imprenta en Galicia. Monterrei, Ourense e Mondoñedo son as primeiras vilas nas que se evidencia a súa presenza.
A edición de libros en galego está vinculada ao Rexurdimento. O primeiro título é A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos, publicado en 1853 en Pontevedra. En 1863 aparece en VigoCantares gallegos de Rosalía de Castro, un fito transcendental na recuperación do galego como lingua literaria.
O primeiro xornal de Galicia, o Catón Compostelano, ve a luz en 1800. Pero o primeiro xornal en galego propiamente dito é O Tío Marcos da Portela, fundado por Valentín Lamas Carvajal en 1876.
O libro galego moderno nace no primeiro terzo do século XX. Os anos que van ata o comezo da guerra civil son moi fecundos tanto nos contidos como nas formas de libros e publicacións periódicas. Logo dun estiñamento durante a posguerra, na que a edición en galego se refuxia no exilio, a actividade editorial volve agromar cara a 1950. O restablecemento da democracia a partir de 1976 permite que as letras galegas incen de novo. Xa no século XXI, as novas tecnoloxías abren vieiros inéditos para a expresión da literatura, a ciencia e o pensamento.






De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)
Entrada ordinaria:
3 euros
Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)
Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro
Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa
Visita a exposicións temporais:
gratuíta
Entrada libre:
domingos, 18 de maio (Día dos Museos), 29 de outubro (aniversario do MPG)
C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.
Mais información en: www.apoi-mpg.org
Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.
Horario: de martes a venres de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.
![]()
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga