Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

Exposicións e actividades

Visite as exposicións temporais que se desenrolan nas dependencias do noso Museo

EXPOSICIÓN PERMANENTE: O traxe

 

O traxe tradicional pódese dividir en dous grandes grupos: de cotío ou faena e de garda ou gala, moito máis complicado e rico este có primeiro, tanto pola calidade dos tecidos como pola variedade das pezas e riqueza dos adobíos e complementos.

 

Dependendo da ocasión, a zona e as posibilidades, a muller viste camisa, enaguas, refaixo, saia ou vasquiña, mantelo, mandil, xustillo e dengue ou chaquetilla, pano do busto, mantón ou pano de oito puntas, e cobre a cabeza con pano, cofia ou mantela. O home leva camisa, cirolas, calzón, chaleco, chaqueta, faixa, e tócase con pucho, monteira ou tella. O calzado é, en ambos os casos, zocos ou zocas para os días de cotío e zapatos co traxe de gala.

 

En Galicia fanse finísimos labores de encaixe de palillos, coñecido como de Camariñas por ser a zona onde se concentra maiormente a comercialización da produción, espallada polo litoral coruñés entre Noia e Malpica.

 

As palilleiras adoitan ser mulleres e fillas de pescadores, que achegan con esta tarefa un complemento á economía familiar. Os seus útiles son a almofada e os palillos. Sobre a primeira fíxase o cartón co deseño, que se pica cos alfinetes aos que se amarran os fíos envoltos nos palillos; o xogo destes require gran atención e habelencia.

  • Sala do Traxe
  • Sala do Traxe
  • Sala do Traxe
  • Sala do Traxe

 

Horario

Horario do Museo

De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)


entrada gratuíta

ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com



Nova Web APOI

Nova Web APOI

Nova Web APOI

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.

Mais información en: www.apoi-mpg.org



VISITAS GUIADAS

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.

Horario: de martes a sábado de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

acceso para persoas con minusvalia

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade