Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SOBRE O MUSEO

Sobre o museo

FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS


A existencia dunha institución que recollese e estudiase a cultura material e espiritual de Galicia e se convertese nun punto de referencia no que os galegos se recoñecesen e identificasen como pobo, foi unha arela de todos cantos desde primeiros de século fixeron de Galicia o eixo do seu traballo intelectual, sobranceiramente da xeración Nós e dos creadores do Seminario de Estudos Galegos. Este foi o fundamento da creación no ano 1976 do Museo do Pobo Galego por un conxunto de entidades e persoas de diferentes posicións ideolóxicas ás que unía o seu compromiso con Galicia. Co paso do tempo novas institucións e persoas xuntáronse a este proxecto, facendo do MPG a institución que non só representa senón que simboliza a idea dun museo nacional galego.

 

O nacemento e desenvolvemento do Museo do Pobo Galego enfíase na laboría de homes que coma D. Ramón Otero Pedrayo, D. Xaquín Lorenzo Fernández, D. Xosé Filgueira Valverde, D. Xesús Taboada Chivite, D. Ramón Martínez López, D. Antonio Rodríguez Fraiz, D. Ramón Piñeiro López ou D. Antonio Fraguas Fraguas, dedicaron a súa vida ó estudio e defensa de Galicia.

 

A figura de D. Antonio Fraguas Fraguas, o seu legado intelectual e moral, destinado e orientado ó coñecemento, difusión e desenvolvemento dos trazos e contidos da cultura galega, xustifica e ampara a creación dunha entidade cultural que proxecte, conserve e dinamice o patrimonio que D. Antonio Fraguas e toda a xeración por el representada, crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia.

 

O dereito de fundación, contemplado na lexislación do estado español e na propia de Galicia, permite o seu exercicio coa finalidade única, neste caso, de dotar de canle e vertebración adecuadas o amplo e complexo legado que, por vontade expresa de D. Antonio Fraguas, debe servir para incrementar a investigación, a divulgación e a conservación dos lugares da memoria que configuran a historia e a antropoloxía de Galicia. Por desexo igualmente expreso do titular, a Fundación ten como espacio e referencia singularizadas o Museo do Pobo Galego, legado el mesmo do labor de D. Antonio Fraguas e doutros ilustres patróns deste Museo e producto referencial por eles querido para representar, sintetizar e edificar imaxes, sentidos e significados da tradición cultural de Galicia.

 

O patrimonio da Fundación está constituído polas aportacións dos patróns e socios do Museo. As contribucións pódense facer efectivas nas seguintes contas correntes:

 

Caixa Galicia, n° 2091 0300 44 3040134597

Caixavigo e Ourense, n° 2080 0155 15 0040018548

Banco Pastor, n° 0072 0134 42 0000116789

 

Correo electrónico: fundacionfraguas@museodopobo.com

Os obxectivos:

Os obxectivos

Proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que D. Antonio Fraguas e toda a xeración por el representada, crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia."


A Figura

A Figura

Antonio Fraguas Fraguas

Proxecto didáctico


Convócase a 7ª edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, encamiñado á realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato nos centros escolares de Galicia durante o ano académico 2010-2011.

Establécense dúas modalidades: ensino primario e ensino secundario, cun premio de 7.000 euros por cada modalidade.

O prazo de presentación de proxectos remata o 30 de abril de 2010.

Bases: uploads/file/7%20PROXECTO%20DIDACTICO.pdf



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade