O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, cos obxectivos de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.
A Xunta de Galicia, entendendo que o Museo do Pobo Galego pode ser considerado como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, recoñeceulle polo Decreto 111/1993 de 22 de maio a competencia para actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicos e privados integrados no sistema galego de museos dedicados ao estudo, promoción e difusión do patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia.
O sostemento do Museo está garantido polas achegas económicas e materiais (doazóns e depósitos) dos seus patróns e socios, e polo patrocinio de diversas institucións públicas e privadas.
De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas
Domingos e festivos:
11 - 14 horas
LUNS PECHADO
Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.
Mais información en: www.apoi-mpg.org
Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.
Horario: de martes a sábado de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.
![]()
Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime.
Descarga