Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SOBRE O MUSEO

Servizos que ofrece o Museo

INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADES


Logo do INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADESEn maio de 2005 o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiu crear o Instituto de Estudos das Identidades® (IEI), como un departamento do propio Museo.

 

Entre os fins do IEI está o de establecer e desenvolver liñas de investigación e de intervención sociocultural nos diferentes ámbitos que lle son propios ao Museo, con especial atención ao estudo interdisciplinar da identidade galega e da súa interrelación ou comparación con outras identidades. Ao mesmo tempo, preténdese contribuír ao estudo e á formulación de posibles solucións para aqueles problemas que teñan especial relevancia para a sociedade galega, estimular a colaboración estable de novos investigadores e técnicos no marco do Museo, e promover a formación en xestión cultural.

 


En consecuencia con estes fins, o IEI organiza de forma periódica unha serie de foros de debate sobre temas de actualidade. O primeiro destes foros, baixo o título Territorio, Paisaxe e Identidade, coordinado por Xerardo Estévez, celebrouse en xaneiro de 2007, co patrocinio de Construccións Otero Pombo S.A. Foro Territorio.pdf

 

En novembro de 2007, esta vez baixo os auspicios do Parlamento de Galicia, realizouse o segundo foro, titulado Inmigración cidadanía e identidade, que foi coordinado por Mar Lorenzo Moledo e concluíu o 12 de decembro cunha sesión pública na sede do Museo. uploads/file/FORO INMIGRACION.pdf

 

O 6 de febreiro de 2009 clausurouse o terceiro foro, en torno a Turismo e Identidade, coordinado por Francisco Candela e Xosé Manuel González Reboredo e patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo, Consellería de Innovación e Industria. Os materiais elaborados foron editados, igual ca os anteriores, en formato de publicación non venal. uploads/file/foro Turismo e Identidade.pdf

 

Outra liña de actuación do IEI é o proxecto Sons e Voces da Identidade, froito do cal é a creación do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Os documentos incorporados a este Arquivo pódense consultar na páxina www.apoi-mpg.org

 

 

Horario

Horario do Museo

De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)

Tarifas

Tarifas do Museo

Entrada ordinaria:
3 euros

Entrada reducida:
1 euro (maiores de 65 anos, estudantes maiores de 18 anos)

Entrada gratuíta:
socios do Museo (acompañantes 2 euros), estudantes menores de 18 anos e traballadores no paro

Grupos a partir de 8 persoas, ou de 4 persoas con carné de familia numerosa:
2 euros por persoa

Visita a exposicións temporais:
gratuíta

Entrada libre:
domingos, 18 de maio (Día dos Museos), 29 de outubro (aniversario do MPG)


ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com



Nova Web APOI

Nova Web APOI

Nova Web APOI

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.

Mais información en: www.apoi-mpg.org



VISITAS GUIADAS

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.

Horario: de martes a venres de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

acceso para persoas con minusvalia

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga