Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SOBRE O MUSEO

Servizos que ofrece o Museo

PREMIOS


Premios outorgados ao Museo do Pobo Galego:


1978

Premio da Crítica de Galicia, na versión de iniciativas culturais, á creación dun centro que recupere e potencie a voz e o acento da nosa cultura, aquilo que máis caracteriza e constitúe o noso estar no mundo, o noso xeito de existir.

1984

Medalla de Ouro das Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela aolabor cultural.

1985

Premio ADELPHA en recoñecemento do traballo realizado en prol do estudio e difusión da cultura2008 popular.

1998

No III Certame de Vídeo do Mar Cidade de Viveiro, o documental A pesca do cerco, editado polo Museo en 1994, recibiu o premio na modalidade de documental didáctico.

2000

Medalla de ouro da Asociación do Traxe Galego, en recoñecemento aolabor do Museo a prol do traxe tradicional e da importancia e continuidade da colaboración prestada ós proxectos e programas da Asociación.

2001

Premio “La Voz del Año de la Cultura”, do Grupo Voz en Santiago de Compostela, a unha institución cultural coa que todos os galegos se identifican e recoñecen como pobo.

2003

Premio Irmandade do Libro, da Federación de Libreiros de Galicia, na modalidade de institucións.

2005

Homenaxe "Os bos e xenerosos" da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

2005

O Museo recibiu a Medalla das Aulas no Camiño, organizadas pola Universidade da Coruña.

2005

A Asociación cultural lucense María Castaña concedeu ao Museo o Premio da Cultura Tradicional María Castaña 2005, na súa modalidade de institucións.

2007

Medalla de Ouro de Santiago de Compostela ao Mérito cultural, concedida por unanimidade da Corporación municipal compostelá.

2008

Premio Nacional da Cultura galega na modalidade de cultura popular e de base, valorando o labor de divulgación cultural que o Museo ven realizando desde hai trinta anos.

Horario

Horario do Museo

De martes a sábado:
10 -14 horas // 16 - 20 horas

Domingos e festivos:
11 - 14 horas

LUNS PECHADO

Peche anual:
25 de decembro (Nadal)
e 1 de xaneiro (Aninovo)


entrada gratuíta

ONDE ESTAMOS

Situación xeográfica do Museo

acceso ao mapa de situación

C/ San Domingos de Bonaval,
15703, Santiago de Compostela.
tel. 981-583620 / fax 981-554840
email: info@museodopobo.com



Nova Web APOI

Nova Web APOI

Nova Web APOI

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007.

Mais información en: www.apoi-mpg.org



VISITAS GUIADAS

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Durante todo o ano o Departamento de Educación ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á colección permanente e ás exposicións temporais, previa solicitude.

Horario: de martes a sábado de 10.30 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

acceso para persoas con minusvalia

máis información das visitas guiadas

visita virtual

Unha ollada virtual ao museo

máis información das visitas guiadas

Para poder visualizar a visita virtual é necesario ter instalado:
· QuickTime. Logotipo de QuicktimeDescarga



Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade