Os socios, en virtude do seu fundamental papel na vida do Museo, teñen representación electiva nos órganos de goberno da institución. A condición de socio pódese exercer a título particular ou institucional (concellos, colexios, asociacións profesionais) e leva aparellados os dereitos de representatividade establecidos nos Estatutos.
A través dos socioso Museo tamén recibe achegas de materiais: documentos gráficos e textuais –fotografías, carteis, libros–, útiles domésticos ou de traballo, pezas téxtiles, de barro ou de madeira, obxectos de arte e calquera outro elemento representativo da nosa cultura e tradicións que pode ser de interese para dar a coñecer o patrimonio colectivo.
Para coordinar as iniciativas e demandas dos socios creouse a Oficina dos Socios, da que forman parte os representantes dos socios na asemblea do Padroado. Os socios editan a revista ADRA con carácter anual.
Para contactar cos representantes dos socios ou para manifestar as túas suxestións, podes facelo no correo socios@museodopobo.com
Volven as Páxinas Informativas gracias á colaboración desinteresada de Nieves Ozores na edición.
Destaques do mes de xaneiro de 2012.
Para axilizar a comunicación entre os socios e a institución, economizar no uso de papel e custes de expedición, e simplificar o traballo administrativo, o Museo dispón dunha lista de distribución por correo electrónico. As persoas que dispoñan desta utilidade deberán solicitar a inclusión na lista enviando unha mensaxe á administración, info@museodopobo.com