Idioma

Seleccione o seu idioma

menú de navegación raacute;pida

volva ao inicio, navege a través do mapa web ou póňase en contacto con nos



Está vostede en:

SERVIZOS

Servizos que ofrece o Museo

BIBLIOTECA E ARQUIVO DOCUMENTAL

 

A Biblioteca do Museo do Pobo Galego inicia a súa andaina coa creación do centro no ano 1977. A maior parte dos ingresos proceden de doazóns individuais ou institucionais, seguidos polos intercambios con museos, fundacións e outras institucións de carácter cultural e por último, e xa en menor medida, as adquisicións.


Dentro dos ingresos por doazón cabe subliñar os legados, depósitos ou doazóns de bibliotecas privadas completas tales como as de Xoaquín Lorenzo Fernández, Antonio Rodríguez Fraíz, Xesús Taboada Chivite, Antonio Fraguas Fraguas, Manuel Beiras García, Fermín Bouza Brey e Familia Baltar, xunto a aportacións de menor cuantía pero tamén salientables, procedentes das bibliotecas de Vicente Risco, Blanco-Cicerón, Díaz Romaguera, etc.


Todo isto nos aproxima aos 60.000 rexistros bibliográficos no tocante a monografías, que xunto aos 1200 títulos de revistas conforman un fondo superior aos 120.000 volumes.


A Biblioteca conta cun fondo antigo de preto de 1. 800 volumes, sendo case a metade, referentes ou relacionados con Galicia.


A temática se ben e moi diversa pola diferente procedencia dos fondos, ten sempre como referente Galicia en todas as súas manifestacións culturais (literatura, historia, arte, antropoloxía, museoloxía, cine, música, etc..) sen esquecer os coñecementos científicos, económicos, medioambientais ou políticos que están plasmados en papel. A Biblioteca pretende ser un referente en antropoloxía, museoloxía e cultura galega.


Servizos

  • Información e referencia presencial, telefónica, fax, correo postal e correo electrónico.
  • Consulta en sala de libre acceso.
  • Préstamo individual (só socios do Museo).
  • Préstamo interinstitucional.
  • Axuda na recuperación da información.
  • Catálogo en rede.
  • Reprografía.

Horario

  • De luns a venres.
  • De 10:00 a 14:00.
  • De 16:00 a 19:00.

Acceso á Biblioteca online

Reproducción

Reproducción

Solicitude para a reproducion de fondos
Solicitude para a reproducion de fondos
Condicións de reprodución
Condicións de  reprodución

Préstamo

Solicite unha visita guiada para comprender o valor do conxunto do Museo

Condicións de préstamo
Condicións de préstamo


Xunta de galicia, Consellería de Cultura e Deporte

Copyright, dirección, contacto e Política de privacidade